Ana Belén actuará en Castrelos o 12 de xullo
Abel Caballero desvelou esta mañá o quinto concerto do programa “Vigo en Festas 2025” e cualificou a artista como “unha figura mítica da canción española”.

A artista madrileña chegará ao Auditorio de Castrelos o sábado 12 de xullo, así o confirmou hoxe o alcalde da cidade apuntando que Ana Belén é “unha figura mítica da canción española” e ofrecerá “un gran espectáculo musical”.
Ana Belén realizará este 2025 a súa nova xira “MÁS D ANA”, onde repasará os grandes éxitos do seu repertorio e algún tema novo do seu inminente próximo álbum. Estará acompañada dunha banda de músicos de luxo, dirixida por David San José.
A longo da súa traxectoria conta con grandes temas como “La Puerta de Alcalá”; “El hombre del piano”; “Lía”; “Derroche”; “La mentira”; “Agapimú” ou “La muralla”, que como afirmou Caballero “forman parte da historia da música en castelán”.
Trátase da quinta confirmación da programación de verán en Castrelos:
- Ana Belén – 12 de xullo
- Gente de Zona – 17 de xullo
- Vanesa Martín – 31 de xullo
- Ópera La Traviata – 1 agosto
- India Martínez – 16 de agosto