Escoitar

O Concello reforza o servizo de autobús urbano nocturno polas festas de Bouzas

Caballero anunciou que durante a madrugada haberá 13 frecuencias, entre as 23:05 e as 5:10 horas. O domingo 21 de xullo haberá un reforzo cada 15 minutos unha vez rematen os fogos artificiais.

martes, 16 xul 2024

O servizo de bus urbano será reforzado na madrugada entre o 19 e o 23 de xullo con motivo das festas de Bouzas. O alcalde anunciou 13 novas frecuencias entre as 23:05 e as 5:10 da liña R1. A parada deste bus circulará estará situada na rotonda de Bouzas, entre Tomás Paredes e a rúa Rocío.

“O obxectivo é facilitar o acceso”, expresou o rexedor. Tamén haberá reforzo posterior aos fogos artificiais do domingo 21 de xullo a partir das 23:45 horas. “Haberá un autobús cada 15 minutos”, concluíu.

Descargar todas as imaxes