O transporte público nocturno entra en funcionamento o venres 14 de xuño
O transporte público de Vigo rexistrará un importante reforzo a partir deste venres 14 de xuño coa activación do servizo nocturno. O obxectivo é implementar unha alternativa de mobilidade cómoda e segura.
O alcalde avanzou esta mañá a posta en funcionamento do transporte público nocturno coa chegada do verán. A partir do 14 de xuño, ampliarase o servizo ofrecendo unha alternativa de mobilidade cómoda e segura.
Tal e como detallou, a liña N4 funcionará venres, sábados e vísperas de festivo desde as 23,35 ás 06,03 h. No caso da liña N1, entre o domingo e o xoves, o horario será desde as 23,35 e as 03,49h, mentres que os venres, sábados e vísperas de festivo, a disponibilidade se estenderá desde as 23.00 ata as 06,31h.
Tamén se ampliará a liña C1 Nocturna, que funcionará desde as 22,50 ás 05,15h os venres, sábados e vísperas de festivo cunha frecuencia de 30 minutos. Durante eses días, por tanto, a liña C1 dará un servizo inenterrompido durante as 24 horas.