Escoitar

O alcalde eloxia o proxecto científico do alumnado do IES Carlos Casares

Abel Caballero recibiu este mércores a Anxo Lamela, Daniel Rodríguez, Icía Carrera e Roque Miguéns, responsables do proxecto “Modelo funcional de hidrogenera y motor de combustión alimentado por hidrógeno” co que gañaron a primeira edición do festival CINVIGO organizado polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Uvigo que se celebrou na Porta do Sol e co que participaron na feira científica Exporecerca Jove en Barcelona. Tal e como lle expuxeron ao rexedor, buscaron solucións sostibles e avanzadas para abordar os desafíos enerxéticos do futuro sendo pioneiros no desenvolvemento dunha estación de hidróxeno no ámbito dun centro educativo de bacharelato con tecnoloxía que utiliza electrodos de carbono grafito para a produción de hidróxeno.

mércores, 3 abr 2024
Alumnado e profesorado do IES Carlos Casares co alcalde e a concelleira de Educación, Olga Alonso
Alumnado e profesorado do IES Carlos Casares co alcalde e a concelleira de Educación, Olga Alonso
Descargar todas as imaxes