Escoitar

A cidade máis feliz de España é Vigo

Abel Caballero explicou esta mañá os datos recollidos na "Happy City Index 2024" que realiza o Institute of Quality of Life de Londres, que “sitúa a Vigo no posto 58 do mundo, sendo a primeira cidade española”.

mércores, 3 abr 2024

O "Happy City Index 2024" eleva a Vigo como a cidade máis feliz do estado español, “superando a Bilbao (no posto 59), Valencia (106), Barcelona (139), Zaragoza (165), Madrid (192), Málaga (216) e Las Palmas de Gran Canaria (242)”, indicou o rexedor vigués. Caballero sinalou que “esta orde establécese a través das valoracións dos veciños en 5 categorías: cidadanía, gobernanza, medio ambiente, economía e mobilidade”.

O ránking mundial está liderado por Aarhus (Dinamarca), seguida de Zurich (Suíza) , Berlín (Alemania), Gotemburgo (Suecia), Ámsterdam (Holanda), Helsinki (Finlandia), Bristol (Inglaterra) e Copenhague (Dinamarca), nos primeiros oito postos. A clasificación establece tres categorías para ordenar as 250 cidades: ouro (do pasto 1 ao 37); prata (38 ao 100) e bronce (do 101 ao 250).

Como sinalou Caballero, “isto súmase ao estudo da OCU que situou a Vigo como a mellor cidade española para vivir”; tamén a que “Vigo é a cidade máis educada de España segundo PERPLY” ou “a cidade española na que mellor se fala inglés, segundo o último informe anual de Education First”.

Descargar todas as imaxes