Escoitar

O V Festival Terraceo programa 12 concertos entre maio e setembro

O alcalde presentou este martes a cartel do festival que valorou como un “evento moi consolidado con grande capacidade de atracción e sinal de éxito” que nesta edición contará coa presenza de artistas nacionais e internacionais.

martes, 2 abr 2024
Momento da presentación no Auditorio Mar de Vigo
Momento da presentación no Auditorio Mar de Vigo

O Auditorio Mar de Vigo volve ser o escenario da celebración da quinta edición do Festival Terraceo que se desenvolve desde o 11 de maio ata o 7 de setembro. Na presentación, Abel Caballero apuntou que o festival “ocupa un lugar importante en toda España” xa como evento “moi consolidado con grande capacidade de atracción e sinal de éxito”, sumando en 2023 un total de 1.000 espectadores.

Na presentación estiveron Patricia Rodríguez, concelleira de Festas, Seguridade e Contratación; Iñaki Teixeira, director do Auditorio Mar de Vigo; Hugo Pérez, xefe de marketing local e clientes de Mahou San Miguel, e Salvador García, coordinador das emisoras musicais do Grupo Radio Vigo, que apoian o evento.

O Terraceo 2024 contará con tres artistas internacionais do calibre de José James, co seu soul jazz; The Jayhawks ou un songwriter luminoso como The Tallest Man On Earth. A eles súmanse nove concertos de bandas ou artistas nacionais como Los Secretos e Pancho Varona ou Tarque & La Asociación del Riff; a vangarda flamenca de Niño de Elche; dous cantautores de calado como Christina Rosenvinge e Ángel Stanich; a psicodelia rock dos Estanques; unha das bandas de rock actuais con maior pegada como Niña Polaca, a modernidade rock de The Rapants ou o rap máis duro e auténtico das Rías Baixas con Rebeliom do Inframundo.

A cota internacional estará representada por diversos xéneros. José James, un cantante de jazz soul que soubo levar unha esencia hip-hop e R&B cara ao jazz máis melódico. Doutra banda, os estadounidenses The Jayhawks, con máis de catro décadas de traxectoria do rock alternativo. E por último, o sueco The Tallest Man On Earth, nome artístico de Kristian Matsson, referente do folk de raíces.

As datas confirmadas do festival son as que seguen:

-11 de mayo: The Rapants

-24 de mayo: Rebeliom do Inframondo

-31 de mayo: Ángel Stanich

-1 de junio: Los Secretos y Pancho Varona

-8 de junio: Niño de Elche

-14 de junio: Christina Rosenvinge

-15 de junio: The Jayhawks

-20 de julio: José James

-21 de julio: Tarque & La Asociación del Riff

-27 de julio: Los Estanques

-30 de agosto: Niña Polaca

-7 de septiembre: The Tallest Man on Earth

Todos os detalles da quinta edición do festival TerraCeo e a venda de entradas pode atoparse na web do Auditorio Mar de Vigo www.auditoriomardevigo.com.

 

Momento da presentación no Auditorio Mar de Vigo
Descargar todas as imaxes