O Concello amplía en 690.000 euros o orzamento de Urbanismo para obras no Lagares, O Calvario e Miraflores
Abel Caballero anunciou este luns a aprobación dunha modificación de 690.000 euros no orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo para realizar “tres obras urxentes e moi importantes”.
O alcalde explicou que a modificación do orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobada hoxe pola Xunta de Goberno irá destinada a tres importantes actuacións.
A partida máis importante, con 327.676 euros destinarase a urbanizar o Polígono Miraflores. A obra permitirá separar o tráfico peonil e o dos camións. A este proxecto súmase a finalización do paseo do Lagares, que está dotada con 200.000 euros, así como os 162.000 euros para o convenio de urbanización, cun convenio, da Praza do Calvario.
“Seguimos construíndo Vigo e seguimos facendo dotacións na cidade”, afirmou o rexedor.