Vigo alcanzou unha ocupación media do 56% na Semana Santa
Abel Caballero desvelou esta mañá os datos de ocupación hoteleira da pasada Semana Santa, sinalando que foi "practicamente o previsto", xa que o sector "estimaba un 60%". O rexedor tamén fixo fincapé en que "batemos récords de ocupación para os estándares da cidade", expoñendo que "a Semana Santa sempre foi en Vigo moi baixa, sen gran afluencia".
