O goberno municipal súmase á campaña para fomentar as compras da volta ao cole no comercio local
O alcalde asistiu esta mañá á Libraría Librouro onde se presentou unha campaña de inicio do curso escolar para fomentar as compras no comercio local. Iniciativa da Asociación Vigo Centro, o obxectivo é promover as vendas en establecementos de barrio.
