Escoitar

Abel Caballero destaca o éxito da rehabilitación das galerías do Castro cunha axenda sen entradas para setembro

O alcalde convida a toda a cidadanía viguesa a "apuntarse" ás visitas que organiza o Concello e que poden reservarse no teléfono 010 de información municipal.

luns, 18 set 2023
O alcalde e Carmela Silva saudando ás persoas participantes na primeira visita
O alcalde e Carmela Silva saudando ás persoas participantes na primeira visita

Abel Caballero e a primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, compartiron esta mañá as vivencias e reaccións dos primeiros visitantes á recentemente rehabilitada galería subterránea e á polvoreira da fortaleza do Castro.

Caballero destacou que o éxito da intervención, así como da musealización das murallas, constátase en que os aforos das visitas guiadas das dúas semanas próximas están xa completos, e que se atopa en pleno proceso de reservas para o mes de outubro.

O rexedor invitou a "toda a cidade" a visitar a musealización, recordando que os percorridos gratuítos se realizan con grupos de 20 persoas, polo que apela á paciencia. "Quero dicir a todo o mundo que se apunte" insistiu, tras comprobar as reaccións dos primeiros visitantes ao escoitar a recreación dos sons e das imaxes da invasión inglesa de 1719.

Caballero agradeceu ao goberno de Pedro Sánchez a dotación de 1.400.000 euros para "a mellor proposta de rexeneración de patrimonio histórico que hai neste momento en España, ademais de ser un gran elemento de atractivo turístico". Lembrou que a Xunta rexeitou o proxecto e non achegou un só euro.

Ocupación hotelera

O rexedor referiuse tamén este luns aos datos do turismo na cidade e á ocupación hostaleira que segue en máximos, como se constata en que a media da ocupación da pasada fin de semana foi dun 82 por cento. E segundo os datos recollidos, na fin e semana do 8 ao 10 de setembro, a ocupación foi do 89,97 por cento.

O alcalde e Carmela Silva saudando ás persoas participantes na primeira visita
Descargar todas as imaxes