Escoitar

O alcalde reafirma o seu apoio á "Carreira Contra o Cancro" que este outubro celebra a X edición

Abel Caballero lembra que é puntuable dentro das carreiras populares de Run Run Vigo. Chama á participación cidadá nunha causa solidaria

luns, 18 set 2023

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, materializaron esta mañá o seu apoio á décima edición da carreira contra o cancro durante o acto de presentación da nova convocatoria lúdico-deportiva da Asociación de loita contra o Cancro, cuxa recadación irá integramente destinada á investigación contra o cancro e a axudar aos enfermos oncolóxicos de menor idade. "Seguiremos e manteremos o apoio os próximos anos porque se trata dunha mobilización por unha causa moi importante: a loita contra o cancro e non só pola recadación e pola investigación, senón porque ten moito que ver coa mobilización social en Vigo e é moi importante porque sensibiliza tamén sobre todas as recomendacións de vida saudable en relación á prevención do cancro", recalcou o alcalde ante a convocatoria do día 15 de outubro.

Abel Caballero destacou que a carreira de 10 quilómetros, cronometrada e con premios, está inmersa no atletismo "cualificado", xa que está incluída no programa municipal de carreiras populares Run Run Vigo. Sinalou que a modalidade de 5 quilómetros conta cunha vertente máis lúdica, xa que pode realizarse andando.

Durante o transcurso da carreira, entre a chaira de Castelao e a Avenida de Europa, a policía cortará os seis carrís de circulación dos viais.

Ante a presenza dela directora da Asociación contra o cancro de Vigo, Rosa Soliño, e da responsable de comunicación do Corte Inglés en Galicia e Asturias, Fuencisla Cid, o rexedor apelou á solidariedade dos vigueses tanto chamando á participación ata esgotar as 5.000 prazas, como coa compra do dorsal solidario. Destacou que a marea azul ha recadado 200.000 euros para investigación contra o cancro desde a creación da carreira en Vigo.

As persoas interesadas en participar poden anotarse na web. www.vigocontraelcancer.com ou inscribirse presencialmente na planta de deportes do Corte Inglés. O 90% dos fondos recadados destinaranse a financiar o programa Liquid Pancreas para predicir cunha biopsia líquida a recaída tumoral en pacientes sometidos a intervencións cirúrxicas, mentres que, o 10 restante investiranse nos nenos atendidos no servizo de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes