O Concello retoma o programa educativo inclusivo “En Vigo xogamos todos”
Máis de 320 alumnos e alumnas de 9 centros educativos coñecerán co club AMFIV o baloncesto en cadeira de rodas e as experiencias dos deportistas co obxectivo de normalizar desde a adolescencia a discapacidade.

Abel Caballero anunciou que os alumnos e alumnas de Vigo volverán a desfrutar do programa “En Vigo xogamos todos” logo destes anos de pandemia. O obxectivo é potenciar entre os rapaces e rapazas a integración a través do deporte da man do club de baloncesto en cadeira AMFIV.
O Concello mobilizará ao redor de 320 alumnos e alumnas de 9 centros escolares os venres pola mañá para ver en directo unha exhibición de baloncesto en cadeira de rodas, coñecer as experiencias dos deportistas e finalmente farán unha proba para ver a dificultade desta especialidade.