Escoitar

O Concello dará vía libre ao inicio das obras no Barrio do Cura a próxima semana

O goberno local aprobará a semana que vén o proxecto de urbanización do Barrio do Cura, o último trámite preciso antes do inicio das obras. Entre outras melloras, prevé actuacións como a conexión de Torrecedeira co Casco Vello e unha área residencial cun 30% de vivenda sometida a algún tipo de protección.

venres, 28 out 2022

Abel Caballero avanzou que a próxima semana o proxecto de urbanización do Barrio do Cura recibirá luz verde definitiva o que permitirá iniciar os trámites de licenzas e obras. Na súa opinión, esta aprobación “culmina máis dun cuarto de século de espera e erros”.

O proxecto de urbanización do Barrio do Cura contempla completar unha trama urbana rematando as partes inacabadas de tecido creado nos anos 60 buscando unha integración harmónica coa estrutura da cidade histórica; conectar a rúa Torrecedeira co centro da cidade; dous ascensores que conectarán, por unha banda, o Paseo de Alfonso co Berbés e, por outra, as rúas Santa Marta e Poboadores; proxecta unha gran praza pública de 3.000 m2; un edificio de para unha nova escola infantil; un ámbito residencial con máis dun 30% reservado para vivendas sometidas a algún réxime de protección; así como a ampliación das rúas Llorente e Santa Marta.

Ensanche

A semana que vén tamén se iniciará o expediente de revisión do Plan do Ensanche ou o que é o mesmo, o plan de protección de edificios históricos e zona centro da cidade. Esta actuación, prevista nos orzamentos de 2022, permitirá actualizar as fichas singularizadas de cada uno dos edificios históricos do centro da cidade, así como establecer as condicións de actuación e edificiación sobre os ámbitos que poidan transformarse ou que actualmente esteab degradados. O obxectivo, dixo o rexedor, é “seguir traballando no mellor Ensanche de toda Galicia” proporcionando dotacións e espazos de convivencia que faciliten a calidade de vida da cidadanía viguesa.

Descargar todas as imaxes