Escoitar

Cerca de 2.500 alumnos descubriron a ría de Vigo ao bordo do Nautilus

O programa municipal “Unha xanela aberta á ría de Vigo” pechou coa participación de 45 centros educativos e 50 percorridos didácticos. O alcalde fixo balance en rolda de prensa y cualificou a actividade de “éxito excepcional”.

mércores, 15 xuñ 2022
Arquivo: o alcalde nunha das rutas ao bordo do Nautilus
Arquivo: o alcalde nunha das rutas ao bordo do Nautilus

Abel Caballero fixo un balance positivo do programa educativo municipal “Unha xanela aberta á ría de Vigo” que cualificou de “éxito excepcional”. O rexedor cifrou en 2.500 alumnos e alumnas de 45 centros de primaria da cidade.

“Tivo moito nivel de aceptación porque no Nautilus, grazas ao Nemo, aos rapaces e rapazas coñecían o que estudan nas aulas”, explicou o rexedor. En total fixéronse 50 percorridos, todos eles co máximo aforo para a actividade.

Durante a expedición, os monitores explican o funcionamento, formación e produtividade da ría de Vigo e o fenómeno do “afloramento”, responsable da riqueza destas augas, que son motor da economía local o do cultivo do mexillón. Tamén se informa ao alumnado do proceso de cultivo deste bivalvo e se identificarán especies de fauna e flora.

Ao efecto, o Nautilus valerase de Nemo, un dron submarino que ofrece imaxes en directo en calidade 4K. O robot subacuático mostra o cultivo de mexillón, como apoio audiovisual á explicación sobre a súa alimentación e a influencia da luz sobre os organismos fotosintéticos. Ademais o barco conta cunha pantalla xigante que proxectará imaxes da cámara dixital UHD que integra o microscopio, permitindo aos estudantes observar unha mostra de plancto vivo.

Descargar todas as imaxes