O alcalde agradece a Unzué o seu traballo a prol da visibilización da ELA
Abel Caballero recibiu este martes a Juan Carlos Unzué, ex adestrador do Celta de Vigo e ex xogador de fútbol, que padece esclerose lateral amiotrófica e está “dedicando a súa vida a dar visibilidade á ELA” para que os enfermos e a familia “teñan máis atención e máis capacidade de facer fronte á enfermidade”. Avanzou o rexedor que “en Vigo sumámonos ás accións e recomendacións da asociación para facilitar a vida” tanto aos pacientes como ás súas familias.


