Abel Caballero pide celeridade á Xunta cos trámites de Patrimonio para a musealización de O Castro
O alcalde lamentou a falla de interese do goberno autonómico polo estado e conservación da muralla de O Castro.
Abel Caballero lamentou en rolda de prensa “estar esperando 5 meses a autorización da Xunta para traballar na fortaleza de O Castro”. O Concello está a esperar a autorización de Patrimonio para abordar a musealización da zona.
O alcalde pediu celeridade á Xunta de Galicia e “non frear unha gran obra da cidade, na que o Goberno de España investiu 800.000 euros na recuperación das murallas e agora aportou 1.200.000 euros para a musealización de O Castro”.
No cronograma, o rexedor explicou que o 10 de setembro remitiuse a Patrimonio da Xunta o proxecto da posta en valor das galerías da fortaleza de O Castro. Tres meses despois, o concello recibiu a autorización provisional con informe favorable ao proxecto de musealización, onde solicítase unha nova proposta para reconsiderar aspectos do proxecto que, segundo explicou o rexedor, non son competencia da consellería de Cultura. O 7 de xaneiro envíase o proxecto modificado e desde aquela data o goberno de Vigo está a esperar a resposta do goberno autonómico.
“O único tempo de dignificación da muralla de O Castro é desde que eu son alcalde. A Xunta pon trabas a algo tan importante como á recuperación e musealización”, lamentou en rolda de prensa.