O alcalde inaugura a humanización de Penís de Abaixo
A humanización desta rúa de Cabral forma parte dunha trintena de obras que o goberno municipal vén de realizar en diferentes zonas do rural cun investimento de 1.300.000 euros.

Abel Caballero visitou este luns a nova rúa Penís de Abaixo, logo das obras de humanización que veñen de realizarse ao longo de 216 metros e que permitiron mellorar “de forma visible” o seu asfaltado e incorporar unha beirarrúa de un metro e medio de ancho, a canalización de pluviais baixo a vía, un colector, sumidoiros e pozos de rexistro.
O rexedor referiuse en rolda de prensa ás “33 humanizacións” que o goberno de Vigo está acometendo “con recursos municipais” no rural e deu conta das obras que veñen de rematarse por un importe de 1.300.000 euros: rúas Sarabio, Camiño Noiana, Penís de Abaixo, Aguadiña, Areeiro, Vista do Mar, Coutadas, Abade Juan de Bastos, Subida a Relfas, Fragosiño, Eifonso, Costa da Gándara, Pouleira, Foxo, Camiño Quinta, Camiño Pinal, Camiño Simona, Viña Grande, Camiño da Pomba e Cidáns. Amais, foron humanizadas Areeiro en Lavadores, Foxos en Teis, Rosal Florido (Lavadores), Subida Relfas (Sárdoma), Subride (Lavadores), Camiño da Pomba e Estrada Freixo en Valadares, José Rivas en Coruxo, Estrada da Balsa en Matamá e Camiño da Brea en Beade.
Nestes momentos, o Concello está traballando en Severino Covas e Curros (Lavadores), e na Praza da Feira (Cabral) e vai dar comezo ás humanizacións de Torneiro en Valadares e da Gándara en Beade.


