O goberno de Vigo incorpora 45,8 millóns ás contas deste ano e eleva o investimento aos 115 millóns
Abel Caballero informou este luns da tramitación do expediente para modificar o orzamento municipal de 2022 e engadir 45,8 millóns procedentes dos remanentes (o aforro) do Concello. O alcalde cifrou a inversión deste ano en 115 millóns, sen contar os recursos que poidan chegar de Europa.

Rúbrica do alcalde para integrar 45,8 millóns de euros no gasto da administración municipal de Vigo. Caballero trasladou que vén de asinar este luns o expediente para modificar o orzamento do Concello deste 2022, dotando de recursos económicos a máis de sesenta actuacións. “Acabo de firmar a incorporación de financiamento para inversións na cidade por valor de 45,8 millóns”, subliñou.
En rolda de prensa, o rexedor deu lectura a todos os conceptos incluídos na proposta, na súa gran maioría investimentos das áreas de Fomento, mais tamén figuran accións no eido deportivo, educativo, cultural, de xardíns, transporte e patrimonio. Do total, Caballero puxo o énfase nas humanizacións, nas nove obras do Vigo Vertical recollidas, no plan de eficiencia enerxética, nos campos de fútbol, na bancada de Marcador, nas festas da cidade e nas axudas de inglés para que este ano poidan viaxar as xeracións de alumnado de Secundaria correspondentes ao 2020, 2021 e 2022.
As achegas procedentes do aforro municipal, unidas aos 40 millóns en investimentos rexistrados no orzamento do Concello deste exercicio, eleva a inversión por riba dos cen millóns, a expensas dos recursos que poidan captarse de Europa. “Este ano estaremos investindo na cidade 115 millóns de euros, sen incluír proxectos europeos. Isto non sucedeu nunca na historia da cidade. É unha cantidade de investimento inimaxinable en ningún momento, porque imos irnos a preto de 140 millóns de euros de investimento”, salientou Caballero.
Listado completo:
-asfaltado rúa Marín: 18.930 euros
-redacción de proxectos de novas humanizacións: 25.530 euros
-Vía Garrida-Beade: 370.000 euros
-Liquidación Ronda don Bosco: 25.000 euros
-Liquidación obras de Serafín Avendaño, entre Rosalía e Areal: 122.000 euros
-Cuberta e protección do tranvía da Avenida de Castelao: 177.770 euros
-Humanización Tercio de Afora: 299.020 euros
-Humanización García Barbón, entre Rosalía de Castro e Isaac Peral: 414.640 euros
-Biondas para motos: 71.700 euros
-1ª anualidade ascensor HALO García Barbón-Vía Norte: 5 millóns
-Liquidación Humanización rúa Troncoso: 66.150 euros
-2ª fase de Vía Verde: 1.945.150 euros
-Obras de mellora do túnel de Beiramar: 1.392.380 euros
-Liquidación mellora de Camiño do Laranxo: 49.800 euros
-Seguridad e pavimentación Estrada Clara Campoamor: 463.000 euros
-Humanización Camiño da Brea: 156.520 euros
-Humanización Costa da Gándara: 137.100 euros
-Humanización Praza da Feira: 70.470 euros
-Humanización rúa dos Fontáns: 53.930 euros
-Liquidación humanización rúa dos Curros: 64.480 euros
-Liquidación Humanización rúa Subride: 13.200 euros
-Liquidación Humanización rúa dos Foxos: 3.910 euros
-Liquidación Humanización Rosal Florido: 5.500 euros
-Liquidación Humanización Areeiro: 18.150 euros
-Humanización Purificación Saavedra, fase 2: 186.750 euros
-Humanización rúa Rosal: 153.440 euros
-Humanización Avda Gregorio Espino fase 4: 1.339.390 euros
-Humanización Aragón fase 6: 568.490 euros
-Humanización rúa Valladolid: 344.130 euros
-Liquidación humanización de Vista Alegre e Julia Minguillón: 16.930 euros
-Humanización rúa Colombia, fase 2: 565.440 euros
-Mellora da drenaxe no entorno da estrada vella de Madrid, rúa Paz Pardo: 302.770 euros
-Humanización rúa Romil: 1.255.000 euros
-Túnel e peonalización da Porta do Sol: 3.800.000 euros
-Humanización Plaza Elíptica: 2.281.020 euros
-Escaleira mecánica rúa Talude: 643.450 euros
-Escaleira mecánica ao centro de saúde de Teis: 1.320.000 euros
-Ascensor Praza de Estación-Urzáiz: 453.190 euros
-Vigo Vertical Romil-Hispanidade: 1.450.000 euros
-Vigo Vertical ramplas Escultor Gregorio Fernández: 2.030.293 euros
-Vigo Vertical Colexio Losada a Ramón Nieto: 1.200.000 euros
-Vigo Vertical Ramón Nieto a Fonte Escura: 1.250.000 euros
-Vigo Vertical Travesía de Vigo – Aragón: 900.000 euros
-Liquidación da mellora da iluminación do parque de Castrelos: 23.660 euros
-Plan de eficiencia enerxética: 2.551.133 euros
-Mellora Praza da Miñoca: 1.212.030 euros
-Acondicionamento Torreiro de Valladares: 243.380 euros
-Nova escola infantil en Praza da Industria: 630.000 euros
-Cubertas para os colexios Villalaura e Frián-Teis: 682.360 euros
-Desinfeccións extraordinarias en colexios: 200.000 euros
-Novo contrato de xestión da escola infantil do Casco Vello: 55.000 euros (se engaden aos 186.900 xa orzamentados ata acadar un total de 241.900 euros)
-Programa Becas de Inglés: 1.228.000 euros (se engaden aos 3.924.465 euros xa contratados ata chegar aos 5.152.465 euros)
-Programa de festas de verán: 1.500.000 euros (se suman aos 2,5 millóns do orzamento deste ano, co que a partida quedará en 4 millóns)
-Patrocinio World Paddle Tour: 105.000 euros (no orzamento xa hai 55.000, o total pasa a 160.000)
-Complexo de Travesas (equipo de produción térmica, bombas de calor, condutos luz): 600.000 euros
-Sistema de control de humidade nos pavillóns de Río, en Balaídos: 250.000 euros
-Nova cuberta no campo de fútbol de Bouzas: 75.000 euros
-Liquidación da mellora do céspede e iluminación do campo de fútbol do Vao: 49.750 euros
-Mellora do campo de fútbol de Santa Mariña: 519.910 euros
-Estudio de medios, liñas e frecuencias para o novo contrato do Transporte Urbano Colectivo: 400.000 euros
-Mellora do edificio do Parque Central de Santa Cristina: 483.730 euros
-Reforma na antiga EDAR para auditorio en Coruxo: 925.000 euros
-Liquidación de obras na área de Tributos: 23.000 euros
-Bancada de Marcador, en Balaídos: 2.100.000 euros (se engade aos 10.656.119 euros existentes, facendo un total de 12.756.119 euros)
-Biblioteca no antigo ambulatorio de Teis: 930.000 euros