O alcalde traslada á felicitación da cidade a Susana Rodríguez Gacio, ouro en tríatlon en Tokio
Abel Caballero louvou a unha “muller exemplar, de valores humanos, deportivos e persoais extraordinarios”, que vén de quedar campioa nos Xogos Paralímpicos con Celso Comesaña como guía. O rexedor tamén felicitou a Martín de la Puente “e a todos os paralímpicos que, desde Vigo, gañen ou non, están participando, polo mérito do seu esforzo, polo que significa o seu esforzo e o seu tesón”.
Para Caballero, Susana Rodríguez Gacio “estase a converter nunha icona en todo o mundo” e “polos seus méritos persoais está merecendo o recoñecemento dos medios de comunicación máis prestixiosos do planeta”. Este luns, o alcalde lanzou a felicitación pública no nome da cidade a Rodríguez Gacio, quen, xunto a Celso Comesaña como guía, conseguiu o ouro na proba de tríatlon e un quinto posto, e diploma paralímpico, nos 1.500 feel T11.
Ademais, Caballero tamén eloxiou a Martín de la Puente, quen continúa en competición e xa ten asegurado o diploma paralímpico en tenis sobre cadeira de rodas en Tokio. “E a todos os a todos os paralímpicos que, desde Vigo, gañen ou non, están participando, polo mérito do seu esforzo, polo que significa o seu esforzo e o seu tesón”.