xoves, 2 setembro 2021

O Concello lanza “A defensa de Vigo”: a recuperación das galerías soterradas da fortaleza do Castro

Abel Caballero e Carmela Silva presentaron este xoves o proxecto de musealización, que iluminará e permitirá visitar os 65 metros de pasadizos que discorren baixo o monumento, acompañados con soportes audiovisuais e co fío histórico do asedio sufrido pola cidade en 1719. O alcalde cifrou o orzamento nun millón e medio de euros e agarda que estea concluída antes de que finalice o próximo ano.

A ocupación media dos hoteis en Vigo foi de case o 90% no mes de agosto

xoves, 2 set 2021

O mes de agosto pechou en Vigo cunha ocupación media dos hoteis de case un 90%, o que supón que superamos ao mesmo mes de 2019, o mellor da historia da cidade segundo datos do INE. En rolda de prensa, o rexedor felicitou ao conxunto da cidade por que conseguimos unha marca propia, un gran reclamo turístico.