Escoitar

O censo de habitantes de Vigo rexistrou 298.211 inscritos no mes de agosto

Vigo pechou o mes de agosto con 298.211 habitantes, case trescentas persoas máis que os censados a 1 de xaneiro deste mesmo ano. Estas cifras amosan unha dinámica de crecemento de poboación no últimos meses, segundo avanzou o rexedor.

mércores, 1 set 2021
Imaxe de arquivo de rolda de prensa.
Imaxe de arquivo de rolda de prensa.

O alcalde anunciou esta mañá que o censo municipal recollía en agosto 298.211 inscritos, dos que 157.346 son mulleres e 140.865, homes. O pasado 1 de xaneiro a cifra de habitantes era de 297.967, polo que nos últimos meses a poboación viguesa aumentou en case 300 persoas, seguindo unha dinámica de crecemento, tal e como resaltou Caballero. Respecto dos estranxeiros, o número de censados é de 18.634 persoas.

O Concello aínda está esperando polos datos do INE a data 1 de xaneiro de 2021, explicou o rexedor engadindo que entre os datos municipais e os do Instituto Nacional de Estatística é habitual manter certa discrepancia nos totais.

Descargar todas as imaxes