Escoitar

A ocupación media dos hoteis en Vigo foi de case o 90% no mes de agosto

O mes de agosto pechou en Vigo cunha ocupación media dos hoteis de case un 90%, o que supón que superamos ao mesmo mes de 2019, o mellor da historia da cidade segundo datos do INE. En rolda de prensa, o rexedor felicitou ao conxunto da cidade por que conseguimos unha marca propia, un gran reclamo turístico.

xoves, 2 set 2021
Imaxe de arquivo da instalación das cintas separadoras de Samil.
Imaxe de arquivo da instalación das cintas separadoras de Samil.

O alcalde felicitou hoxe á cidade por ter conseguido crear unha marca propia que funciona como o mellor reclamo turístico en España e en Europa. Cunha media de ocupación dun 89,2% en agosto -as fins de semana esta cifra ascende ao 91,2% - xa estamos en cifras de visitantes de prepandemia. Segundo datos do INE, en agosto de 2019, a ocupación media -a mellor da historia da cidade ata ese momento – foi dun 88,3%, superada este ano, cunha porcentaxe de case o 90%, polo que o municipio volve bater récords no que respecta ao turismo a pesares de que a Xunta promove e publicita outras cidades de Galicia, nunha Vigo.

 

Descargar todas as imaxes