Escoitar

O Concello adica 1,5 millóns á contratación de 45 conserxes para centros educativos

Abel Caballero deu conta esta mañá do nomeamento de 25 conserxes para centros educativos da cidade. Estes profesionais súmanse a outros 20 que xa están a prestar estes servizos en instalacións de ensino. A partida municipal para manter estes traballadores é de 1,5 millóns.

luns, 30 ago 2021
Imaxe de arquivo dunha visita a un centro educativo da cidade.
Imaxe de arquivo dunha visita a un centro educativo da cidade.

O goberno local adica 1,5 millóns de euros para manter o servizo de conserxería en 45 centros educativos da cidade. Na pasada Xunta de Goberno Local nomeouse a 25 oficiais de instalacións como funcionarios interinos cun orzamento de preto dun millón de euros. O Concello xa contaba con outros 20 profesionais prestando servizos noutras instalacións educativas polo que a partida municipal para estas contratacións elévase a 1,5 millóns.

Axudas de emerxencia

O alcalde deu conta esta mañá da concesión de 104 novas achegas de emerxencia por un valor de 18.330 euros. O importe total destas axudas supera os 2,2 milóns de euros con 14.692 achegas das que xa se beneficiaron 44.076 persoas.

 

Descargar todas as imaxes