Vigo rexistrou unha ocupación hoteleira dun 80% na última fin de semana de agosto
Os establecementos hostaleiros da cidade rexistraron a pasada fin de semana unha ocupación media superior ao 80%. En verbas do rexedor trátase dunha “moi boa” cifra.
O alcalde de Vigo cualificou esta mañá de “moi bo” o nivel de ocupación hoteleira da pasada fin de semana, cunha cifra superior ao 80%. Facendo un balance do que vai de verán, Caballero lembrou que a media de ocupación no mes de xullo foi dun 73,92%, unha cifra que creceu ata o 92% coincidindo co Marisquiño, situouse no 96% na ponte de San Roque e no 95,3% na fin de semana do 21 e 22 de agosto.