Escoitar

Vigo acolle o 10 e 11 de xullo a Liga Estatal de Tenis Praia

Abel Caballero amosou o orgullo da cidade de acoller este evento que por primeira desenvolverase fóra do Mediterráneo e as Illas Canarias.

venres, 9 xul 2021

A praia de Samil será durante a fin de semana o escenario dunha das probas da Liga Estatal de Tenis Praia. O alcalde amosou o seu orgullo de celebrar esta competición en Vigo xa que é a primeira vez que a Federación escolle unha zona que non sexa no Mediterráneo ou as Illas Canarias.

Na Liga están inscritas 48 parellas de toda España. “Isto sitúa Vigo no mapa”, declarou Pelayo Blanco, presidente del Club de Tenis Praia Vigobao. Logo de pasar por Gran Canaria, Castellón, Vera (Almería) e Melilla, a competición chega a Vigo o 10 e 11 de xullo e logo viaxará a Las Palmas de Gran Canaria, El Masnou (Barcelona), Cádiz, Calonge (Girona) e Alboraya (Almería).

Vigo Arena

Ata o 25 de xullo tamén en Samil organízase o evento Vigo Arena cos torneos de Vóley-praia e Futvóley. O Concello entregará dous galardóns “Cidade de Vigo” aos mellores neste deportes.

En total polo recinto pasarán máis de 500 persoas estes días.

Descargar todas as imaxes