O goberno de Vigo programa unha vintena de concertos esta fin de semana en toda a cidade
Bandas de música, corais, orquestra, música pop, rock ou clásica no centro da cidade e nas parroquias. O alcalde deu conta das actividades programada para esta fin de semana na cidade, que inclúe “concertos, concertos e concertos pagados polo goberno municipal”.
A programación comeza este venres en Finca Solita, co programa Curiosidades Solita: ás 19:00 horas, YEP!, e ás 21:00 horas Sergio de Miguel Trío.
Nas festas de Alcabre, detrás do Pazo dos Escudos, este vernres ás 19:30 horas, Banda de música Helios de Bembrive e ás 21:00 horas, concerto de Teo Cardalda.
O Festival TerraCeo no Auditorio Mar de Vigo acolle este serán, ás 20:30, o concerto de Nach.
Mañá sábado, no marco do ciclo “Vigo, un mar de corais”, na
Praza Galegos Ilustres, ás 19:30 horas: Val do Fragoso, San Miguel de Oia e Coro de Cámara Rías Baixas. No Mercado do Progreso, 19:30 horas, Máximo Gorki, Enarmonía e Apóstolo Santiago.
O ciclo Concertos por Barrios, leva mañá ás 20 horas ao Torreiro dos Liñares en Oia o recital do Ateneo Musical de Bembrive e Lira San Miguel de Oia. No Paseo de Alfonso, ás 21 horas, concerto da Unión Veciñal, Cultural e Deportiva de Candeán.
Dentro da campaña de apoio ao comercio local, este sábado ás 20 horas, espectáculo de Alberto Cunha na Praza da Independencia. Tamén mañá, a Orquestra Clásica, estará en en Barreiro, diante do Máis que Auga ás 21 horas. E no Festival Terraceo toca ás 20:30 Corizonas e Toñito de Poi, mentres a Orquestra América leva ao Torreiro de Candeán ás 22 horas o seu espectáculo.
O domingo, 11 de xullo, dentro do programa Concertos por barrios ás 12 horas a Escola de Música de Beade en Navia tocará na Asociación de Veciños Emilio Crespo e ás 20 horas, no Centro Cultural de Valladares, a Coral Polifónica Voces do Torreiro de Coia e Coro de Cámara Rías Baixas Festas.
Nas festas de Alcabre, ás 13 horas do domingo, a Banda de Música de Candeán toca detrás do Pazo dos Escudos. O ciclo “Vgo, un mar de corais” leva á
Praza Galegos Ilustres, ás 19:30, a Máximo Gorki, Amadeus e Coral de Teis e ao Mercado do Progreso, á mesma hora, a Atlántida de Matamá, Ars Vocalis de Coia e San Mamede de Zamáns.
No marco do ciclo “Vigo, un mar de bandas” ás 21 horas do domingo, no Paseo de Alfonso, recital do Ateneo Musical de Bembrive e Lira San Miguel de Oia.