xoves, 8 xul 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou a proposta de adxudicación das obras de rehabilitación do edificio situado no Casco Vello da cidade, na rúa Alta, 23, que o goberno municipal quere dedicar á formación para o emprego. Amais, adxudicáronse as humanizacións das rúas Rosal e Subride que suman 553.000 euros de investimento.
xoves, 8 xul 2021
Os máis maiores terán durante os meses de xullo, agosto e setembro máis de 4.800 prazas para distintas actividades. Como novidade, haberá rutas en catamarán pola Ría de Vigo.
xoves, 8 xul 2021
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo patrocinador principal privado do evento, Chema Rodríguez, polo presidente da Escudería Rías Baixas, Fernando Mouriño, e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou o Rallye Recalvi Rías Baixas-Gran Premio Concello de Vigo, que se vai a disputar do 23 ao 24 de xullo, con dous tramos no monte do Castro (o venres) e oito tramos o sábado en Vigo (monte Alba), Gondomar, Nigrán, O Porriño, Ponteareas e Salceda de Caselas.