Escoitar

Os cidadáns poderán solicitar as becas de libros e comedor sen cita previa no Concello

O alcalde anunciou que todos aqueles que non teñan cita previa poden achegarse ata o concello para facer a solicitude. O prazo remata o mércores 7 de xullo.

martes, 6 xul 2021

“Nin un só neno e nena sen beca”, dixo Abel Caballero con motivo do peche do prazo da solicitude para o ano 2021-2022. O concello pon a dispor dos cidadáns unha xanela na casa consistorial para aqueles que non poidan obter a cita previa.

O rexedor apuntou que recibiron máis de 3.000 solicitudes e que “non hai límite orzamentario para esta acción”. O importe total é de 1.280.000 euros, 75.000 máis que o ano anterior. Ademais, a convocatoria hai que sumar o convenio con FOANPAS polo que ao final adícase 2.071.000 euros.

Abel Caballero anunciou que o presuposto para becas de libros e material escolar sube un 35% nesta convocatoria e as contías ascenden dos 85 a 100 euros.

Reparto mascarillas

Por outra banda, o alcalde insistiu na necesidade de usar máscaras. Por iso, o sábado haberá unha nova entrega nos mercados da cidade. O reparto das 20.000 máscaras comezará as 10:30 horas en Cabral, Teis, Calvario, As Travesas, Progreso, Berbés e Bouzas. O total desde o inicio da pandemia supera as 400.000, todas elas enviadas polo Goberno de España.

Descargar todas as imaxes