Escoitar

O alcalde ofrece instalacións municipais para diversificar os lugares de vacinación

O alcalde ofreceu esta mañá cooperación á Xunta para que se habiliten máis puntos de vacinación que eviten as aglomeracións no Ifevi. En declaracións aos medios, puxo a disposición da autoridade sanitaria pavillóns municipais ou aparcamentos gratuítos no caso de que se optara polos centros de Atención Primaria.

xoves, 13 mai 2021

O alcalde amosou esta mañá a súa vontade de cooperación coa Consellería de Sanidade para diversificar os lugares de vacinación na área sanitaria. Na súa opinión no é unha boa decisión dispoñer dun so lugar de vacinación nun área de máis de medio millón de persoas porque sempre vai xerar problemas. Neste punto, defendeu a necesidade de habilitar máis puntos como os centros de atención primaria dos distintos municipios -incluído o de Vigo - para o que o Concello facilitaría a gratuidade do aparcamento, ademais da labor de organización do tráfico da Policía Local. O alcalde tamén puxo a disposición da Xunta os pavillóns municipais dado que non parece razoable seguir mantendo exclusivamente esta actividade sanitaria no Ifevi.

 

 

 

Descargar todas as imaxes