O tráfico fluíu con normalidade o primeiro día en vigor dos novos límites de velocidade
As rúas de Vigo xa están adaptadas aos novos rangos de velocidade decretados pola nova normativa estatal, sen que se rexistraran problemas de tráfico neste primeiro día en funcionamento. O Concello aplicou 108 excepcións en outras tantas rúas aos límites xenéricos co obxectivo de gañar en seguridade viaria.
A sinalización obrigatoria cos novos límites de velocidade xa está colocada nas rúas de Vigo, segundo avanzou esta mañá o alcalde, quen destacou a normalidade da circulación no primeiro día de entrada en vigor da normativa estatal. En vías sen diferencia de altura entre calzada e beirarrúa (plataforma única) o límite é de 20km/h; en vías dun solo carril por sentido, de 30 km/h e, finalmente, en vías de dous ou máis carrís por sentido, a velocidade máxima será de 50 km/h.
O Concello realizou 108 excepcións en outras tantas rúas ao novo rango de velocidades para garantir ao máximo a seguridade, ao tempo que se alixeira o tráfico, se reduce o ruído e se consegue un tráfico calmado, explicou Caballero
Ademais da sinalización vertical nas zonas nas que é obrigatorio, vaise reforzar a información aos condutores con máis sinais verticais e horizontais, neste caso, tan pronto como as condicións climatolóxicas o permitan.