O museo de Castrelos saca á luz cadros que se expoñen por vez primeira na colección permanente
O concelleiro de Cultura en funcións, Carlos Príncipe, e o director do museo de Castrelos, José Ballesta, presentaron a renovada colección permanente e a proposta do novo regulamento, carta de servicios e liñas estratéxicas que guiarán o futuro desta dotación cultural.
A actualización dos estatutos, que databan de 1980, permitiralle unha maior autonomía de xestión ao museo mentres que a carta de servicios pretende servir de instrumento do público para demandar calidade expositiva das instalacións. Entre as liñas estratéxicas do centro está a diferenciación da oferta marcada pola creación de novos equipamentos culturais na cidade de Vigo.
O museo de Castrelos presenta a colección permanente renovada cos fondos do legado de Policarpo Sanz, restaurados coa financiación de Caixanova, co fin de poñer en valor a maior colección pictórica europea que se encontra en Galicia.
O profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago José Manuel López Vázquez destacou o privilexio de contar co espacio onde se localiza a colección, o pazo Quiñones de León, a extraordinaria mostra de arte e a colección de pintura moderna galega dos denominados "renovadores".
Restaurouse o sentido do pazo, cun xénero artístico propio distribuído en cada unha das dependencias co obxectivo de amosar as distintas escolas cunha disposición didáctica. No comedor colocáronse retratos das escolas inglesa, holandesa e francesa; na recepción naturezas mortas con motivos florais; na antesala paisaxes; mitoloxías no despacho e pinturas relixiosas noutro cuarto seguindo unha orientación cronolóxica e didáctica.