- Benestar Social
- Xunta de Goberno Local
- Vías e Obras
- Montes, Parques e Xardíns
- Seguridade, tráfico e transporte
O goberno municipal licita as obras do centro de formación do Casco Vello por 693.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobará o expediente de contratación, por procedemento aberto, das obras de rehabilitación da edificación situada na rúa Alta número 23., e tamén o proxecto de renovación da iluminación do Parque de Castrelos, por 623.000 euros, e a humanización de Severino Covas, cun orzamento de 440.000 euros.
“Seguimos no proceso de rehabilitación e recuperación do Casco Vello”, sinalou o alcalde, que explicou que as obras teñen un importe base de licitación de 693.000 euros, e realizarase con cargo ao proxecto EDUSI Vigo Vertical financiado con Fondos Feder da Unión Europea. O obxectivo da “recuperación social” de dous edificios en ruínas entre a Rúa Alta e a Praza de Pescadores para crear un Centro de Formación no Casco Vello. O edificio está próximo á rehabilitada sede da Deputación de Pontevedra, na rúa Chao.
O edificio suma unha superficie total construída de case 500 metros cadrados e as obras teñen un prazo de execución de 8 meses, tendo que cumprir as proteccións marcadas porque se trata dunha edificación catalogada. A reforma inclúe a parcela dotacional de Praza de Pescadores 6, que o concello adquiriu en 2020.
Con este centro de formación do Casco Vello o Concello de Vigo pretende poñer en marcha formación para persoas de baixa cualificación profesional co fin de dotalos de habilitación que facilite a búsqueda de emprego.
Vehículo para os bombeiros de Teis
A Xunta de Goberno Local aproba tamén o expediente de contratación, por procedemento aberto, para a subministración dun vehículo de primeira saída para o Parque Central dos Bombeiros en Teis cun orzamento de 400.000 euros. Será un vehículo autobomba, axeitado para uso en zonas urbanas, con tracción traseira 4X2 e un motor de 320cv. “Seguimos investindo en material de bombeiros para seguir tendo un servizo “excepcional”, apuntou o rexedor.
Abel Caballero explicou tamén que se deu luz verde á proposta de adxudicación da contratación das obras de reforma da instalación de iluminación pública no parque de Castrelos de Vigo, que ten un orzamento de licitación de 623.000 euros.
“Unha obra moi importante. Renovamos, cambiamos e intensificamos 189 puntos de luz”, expuxo, con cambio de farois e columnas na zona do parque infantil, no circuíto de running, na entrada do parque e na zona deportiva que vai ter unha “intensificación fortísima” ao ser a zona de tránsito máis frecuente. A actuación inclúe tamén o cambio de farois nas pistas deportivas con novos proxectores LED, ao igual ca na rúa Ángel Illarri e na ponte sobre o río e a porta de entrada quedará tamén reforzada a iluminación. Instalaranse novas canalizacións e canleados e arquetas novas para reforzar a instalación existente.
Humanización Severino Cobas
Amais a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de humanización de construción de beirarrúas e renovación dos servizos da rúa Severino Cobas, desde rúa Bouciña ata a Avenida Ramón Nieto, cun importe de licitación de 440.000 euros e un prazo estimado de obras de 3 meses. As actuacións inclúen a renovación das redes de abastecemento, a instalación de rede separativa de saneamento, a renovación dos colectores de pluviais e fecais, o soterramento de canalizacións de redes de iluminación pública e semaforización e humanización de toda a superficie.