Escoitar

O Concello outorga 30.000 euros para suprimir barreiras arquitectónicas nos domicilios

En 2020, o goberno local adxudicou 12 axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas no fogar por importe de case 30.000 euros. O perfil dos beneficiarios son mulleres maiores que viven soas, dependentes e con escasos recursos.

martes, 15 dec 2020

O alcalde deu conta esta mañá da concesión de 12 achegas para a eliminación de barreiras arquitectónicas dentro do fogar. O importe das axudas é de case 30.000 euros, o que supón unha media de 2.200 euros por domicilio.

No tocante ao perfil dos beneficiarios, dos dez solicitantes, 10 son mulleres que maioritariamente viven soas e son dependentes. Respecto da idade, 9 son maiores -7 teñen máis de 75 anos, e 3 son persoas con discapacidade.