O goberno local abre as inscricións para o programa de inmersión lingüística en inglés
O prazo para inscribirse no programa "Vigo en Inglés 2020" durará un mes, comezando este mércores, 10 de xuño, e rematando o vindeiro 9 de xullo. Ademais, desde onte están abertos o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller e o Centro de Documentación Feminista.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou este martes as bases de adxudicación das 900 prazas do programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés” para alumnado de 3º de ESO. Así, desde este mércores, 10 de xuño, ata o 9 de xullo, haberá un prazo de un mes para presentar as solicitudes.
O Concello de Vigo inviste este ano un total de 2,4 millóns de euros na iniciativa e ademais conta tamén con outro programa de estudo de idiomas no estranxeiro para o alumnado da sede viguesa da Escola Oficial de Idiomas, con preto dun centenar de vacantes.
Igualdade
Por outra banda, o alcalde informou de que xa están abertos desde onte o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller e o Centro de Documentación Feminista, cuxo servizo presencial estaba suspendido desde o 14 de marzo. Seguindo as indicacións da autoridade sanitaria, prestaremos atención prioritaria de maneira telemática e telefónica e atención presencial mediante cita previa, en función da necesidade. Ademais, a Casa das Mulleres, situada na rúa Romil, prestará o servizo telemático e telefónico pero de momento non se permitirá o acceso ao público.