Escoitar

O Xulgado Contencioso de Vigo avala a actuación do Concello na seca de 2017

Abel Caballero informou este luns de que o Xulgado Contencioso-Administrativo de Vigo fallou a favor da actuación do Concello durante a situación de seca do ano 2017. A sentenza indica que non houbo ningún incumprimento e que administración local exerceu o control adecuadamente.

luns, 8 xuñ 2020
O alcalde, en rolda de prensa, coa sentenza.
O alcalde, en rolda de prensa, coa sentenza.

O Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo emitiu o pasado 2 de xuño unha sentenza na que falla que o Concello de Vigo actuou correctamente durante a situación de seca que viviu a cidade no ano 2017.

Segundo lembrou o alcalde en rolda de prensa, o Concello fora sancionado pola Consellería de Sanidade pola comisión dunha infracción grave por falta de control e vixilancia da concesionaria do servizo municipal de aguas. O Goberno autonómico pretendía sancionar ao Concello por non cumprir coa súa obriga de solucionar os problemas que detectou a concesionaria nos análises de auga durante a situación de seca que viviu a cidade a finais de 2017.

A administración municipal recorreu esa sanción ante o Xulgado Contencioso n.º 1 de Vigo, que agora acaba de declarar que non existiu tal incumprimento e que o Concello exerceu adecuadamente o control que lle correspondía. A sentencia sinala que cabe recurso de apelación ante a sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Descargar todas as imaxes