Escoitar

A Escola municipal de Teatro ofrece tres obradoiros de verán de forma telemática

O Concello de Vigo convoca os cursos de verán da Escola municipal de Teatro, que este ano serán online. Coa preinscripción xa aberta, o centro propón formación sobre interpretación ante a cámara, habilidades de comunicación e creación dun obradoiro teatral.

luns, 8 xuñ 2020

Abel Caballero deu conta este luns da oferta de cursos de verán que promove o Concello de Vigo a través da súa Escola municipal de Teatro, tres propostas formativas que este ano se impartirán por vía telemática.

O primeiro será o de “Interpretación ante a cámara”, está dirixido a maiores de quince anos e comezará o 29 de xuño para concluír o 3 de xullo. O seguinte curso se celebra do 6 ao 10 de xullo, tamén para maiores de quince anos, co título “Habilidades de comunicación”. O último programado, “Como crear un obradoiro teatral”, vai destinado a persoas de máis de dezaoito anos, do 13 ao 17 de xullo.

Nos tres casos, a formación ten un custo de 26 euros e impártese de forma telemática de 16:30 a 20:30 horas. A inscrición previa está aberta ata o próximo 19 de xuño e os interesados poden solicitar praza descargando o impreso no apartado “Aula virtual” da web municipal www.emtvigo.com, cubríndoo e enviándoo ao correo electrónico em.teatro@vigo.org. Máis información na nomeada web e no teléfono 986 485 324.