Escoitar

O estadio municipal de Balaídos acollerá o play-off galego de ascenso á Segunda B

O Concello de Vigo cederá o recinto deportivo para a celebración da fase de ascenso da 3ª División Nacional de fútbol masculino, que enfrontará á SD Compostela, o Ourense CF SAD, o Arosa SC e o CD Barco. As eliminatorias disputaranse o 18 e 19 de xullo e a final, o 25 de xullo.

luns, 8 xuñ 2020

Logo da solicitude formal da Real Federación Galega de Fútbol, este luns o alcalde ratificou que o estadio municipal de Balaídos acollerá en xullo a fase de ascenso da categoría de 3ª División Nacional.

O Concello cede a instalación para que a SD Compostela, o Ourense CF SAD, o Arosa SC e o CD Barco disputen a fase galega de ascenso á Segunda División B. Seguindo a normativa, os partidos serán a porta pechada, coas eliminatorias os días 18 e 19 de xullo e a final, o 25 de xullo.