Os traballos gañadores de "O Vigo do que presumo" amosan a visión dos rapaces da cidade
Abondancia de imaxes da ponte de Rande e dos Cabalos da praza de España, pero tamén continuas referencias á animación das rúas e centros comerciais da cidade, caracterizaron os traballos presentados ao concurso "Turismo na Escola. O Vigo do que presumo", nas súas modalidades de debuxo e de redacción.

Os concelleiros Lilian Álvarez e Jacinto Lareo presentaron o nome dos gañadores dun fin de semana de turistas na cidade en compañía dos pais, dez viaxes a Cíes e diverso material de debuxo.
O xurado composto ademais, dos dous devanditos concelleiros, pola concelleira Ana Gandón e representantes do Marco e do Instituto Municipal de Educación, houbo valorar uns 4.000 debuxos e unhas 200 redaccións. Lilian Álvarez xustificou a presencia no tribunal dos tres grupos maioritarios no Concello de Vigo "porque o turismo é unha cuestión de todos".
Os criterios de selección dos traballos tiveron en conta a técnica, a cor e a orixinalidade xunto á mensaxe que tentaban transmitir. No acto de entrega de premios, celebrarase un sorteo entre todos os nenos participantes doutros cinco fines de semana en hoteis da cidade, 10 viaxes a Cíes e distintos regalos.
Gañadores do concurso de debuxo:
1º na categoría de primaria: Fernando García Amoedo, do colexio Rosalía de Castro
2º de primaria: Raúl Pérez Martín, do colexio Canicouba
3º de primaria: Elena González Alonso, do colexio García Barbón
4º de primaria: Bruno Blanco Varela, do colexio Doutor Fleming
5º de primaria: Alma Daluz Fernández, do colexio García Barbón
6º de primaria: Anabel de la Montaña Iglesias, do colexio Altamar
1º ciclo de secundaria: Ana Bandeira Martínez, do colexio Neno Xesús de Praga
2º ciclo de secundaria: Borja Fernández Rodríguez, do colexio Carmelitas
Gañadores do concurso de redacción:
1º ciclo de secundaria: Raquel Pais López, do instituto Rosais II
2º ciclo de secundaria: Alejandra Albo Fernández del Riego, do colexio Neno Xesús de Praga