Vigo celebra a Feira Trianera en Samil
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural colabora coa organización da Feira Trianera que se celebrará do 22 ao 26 de maio en Samil. Este evento pretende reunir á comunidade andaluza de Vigo e aos afeccionados ás danzas sevillanas.
A concelleira Isaura Abelairas encenderá o alumeado da instalación deste evento o xoves 22 de maio ás 22:00 en Samil. O programa previsto para o venres 23 de maio será o día dedicado ao viño andaluz cunha exhibición de sevillanas e rumbas.
O sábado 24 de maio celebrarase unha comida de confraternidade ás 14:00 para socios, amigos e afeccionados ao baile andaluz. Ás 18:00 horas haberá unha sesión de danza infantil e a partir das 20:30 comezará a sesión de maiores.
O domingo 25 de maio será a xornada destinada á hípica, cunha exhibición de Ernesto Prado en colaboración cos clubes de Vigo e Baiona. Celebrarase un paseo de cabalos, desfile de traxes andaluces e ás 21:00 procederase ao sorteo dun xamón. A festa concluirá o luns 26 de maio cun horario de 19:00 a 1:00 da madrugada.
Este evento dispón dun orzamento de 12.000 euros e pretende reunir á comunidade andaluza residente en Vigo, que conta con máis de 30 familias.