Escoitar

Preto de 100 equipos participarán no campionato de fútbol praia que se celebrará na praia do Vao

A Concellería de Deportes organiza o campionato nacional de fútbol praia que se disputará do 8 ao 13 de xullo na praia do Vao coa participación de preto de 1.000 deportistas. A inscrición é gratuíta.

luns, 19 mai 2003
A proba estará encadrada no calendario competitivo do circuíto do Campionato nacional de fútbol praia amateur que se disputará en diversos lugares de España durante xuño, xullo e agosto. De Vigo sairá un equipo gañador que disputará a final nacional que se celebra en Palma de Mallorca a partir do 8 de agosto de 2003. O sistema de competición será por eliminatorias.

Trala celebración desta proba, en coordinación coa fundación Vide, disputaranse do 17 ao 20 de xullo o "I Trofeo Vide a praia" de voley-praia e, unha semana despois, do 24 ao 27 de xullo, organizarase o "I Trofeo Vide a praia" de balonmán praia.