Escoitar
Nicasio Gradaille: Pezas contemporáneas compostas para piano

Concerto do ciclo de música de novos intérpretes ”Xeración 2000+1”

martes, 22 mai 2001
Este concerto de novos intérpretes, dentro do ciclo “Xeración 2000+1” que organiza a Concellería de Cultura, está dedicado, de forma exclusiva, a pezas musicais compostas para piano polos autores máis coñecidos do século XX. Un repaso ás composicións contemporáneas escritas especialmente para este instrumento. Dende Prokofieff ata Guinovart ou Ligeti. Unha mostra na que o público poderá experimentar e coñecer, se é o caso, partituras exquisitas para un dos instrumentos máis sensibles e versátiles de cantos integran a orquestra.
Tódalas pezas do concerto serán interpretadas por Nicasio Gradaille, que conta xa no seu haber co recoñecemento de público, crítica e compañeiros de profesión. Especialista en interpretar música para piano, recolleu notables éxitos en cantos recitais e concertos ten intervido en España, Portugal, Suíza, Alemaña, Cuba e Letonia.
A súa formación musical iniciouse no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, da man de Natalia Lamas, para continua-los seus estudios no conservatorio tarraconense de Vilaseca. Trasladouse posteriormente a Basilea. Na cidade suíza estudiou baixo as ordes de Peter Efler, ademais de perfeccionarse en música de cámara con Gerard Wyss e Albert Gutman. Tamén seguiu cursos especiais de piano na Schola Cantorum de Basilea e de perfeccionamento con distintos mestres como Millán, Salomón, Mokowski e Carra.
No seu palmarés figuran os premios no Concurso Internacional de Piano de Xirona, no Concurso Nacional de Piano de Ferrol e o Premio Galicia, tamén decidido na cidade departamental. Entre as súas interpretacións mais salientables están as realizadas, como solista, coa Orquestra Municipal de A Coruña, Xoven Orquestra de Galicia, Sinfónica de Basilea, Sinfónica do Conservatorio letón de Venspils e coa Orquestra de Cámara do Festival Montsalvage de La Habana.
Actualmente colabora, de forma habitual, coa Real Filharmonía de Galicia, e imparte cursos de verán na localidade cordobesa de Lucena. É profesor titular de piano do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Un concerto que, de seguro, constituirá un deleite para o espectador e unha agradable sorpresa para os entendidos.

Día: 24 de maio de 2001.
Lugar: Sala de concertos “Martín Códax” do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Hora: 20,30 h.

PROGRAMA
I
Sarcasmos Op. 17 (1912) S. Prokojieff (1891-1953)
-Tempestoso
-Allegro rubato
-Allegro precipitato -Smanioso
-Precipitosissimo
Seis pequenas pezas para piano Op. 19 (1911) A. Schoenberg (1874-1951)
-Leicht, zart -Langsam
-Sehr langsam
-Rash, aber leicht -Etwas rasch
-Sehrlangsam
Arabesco (1987) CarIes Guinovart (1941- )
II
Música Ricercata (1951-53) Gy6rgy Ligeti (1923- )
-Sostenuto
-Mesto, rigido e ceremonia1e -Allegro con Spirito -Tempo di va1se
-Rubato. Lamentoso
-Allegro molto capriccioso -Cantabile. Molto legato -Vivace. Energico
-Adagio. Mesto (Béla Bartok en memoriam) -Vivace. Capriccioso
-Andante misurato e tranquilo (Omaggio a Girolamo Frescobaldi)