Aprobado o padrón fiscal da taxa do lixo
A Comisión de Goberno aprobou o padrón fiscal da taxa do lixo de vivendas do ano 2001. O padrón consta de 114.446 inscricións. Rexistráronse 3.450 altas correspondentes a vivendas de nova construcción e 1.200 obtidas a través da investigación realizada polo Concello.
O periodo de cobranza voluntaria desta taxa comeza o 1 de xuño e remata o 1 de agosto. Os contribuíntes que reciban os impresos no seu domicilio poderán facer o ingreso en calquera entidade bancaria colaboradora do Concello. A Administración local agarda recadar por este concepto 1.126 millóns de pesetas.
Na sesión de hoxe da Comisión de Goberno aprobouse tamén o padrón fiscal das exaccións unificadas industriais. O padrón contén 15.399 inscricións. A recadación prevista é de 709 millóns de pesetas que se distribúen da seguinte forma:
- Taxa de lixo industrial (582 millóns de ptas.)
- Entrada de vehículos (123 millóns de ptas.)
- Reservas de aparcamento (3,6 millóns de ptas.)