Acordo sobre a ordenación urbanística dos terreos do asilo
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e a superiora da Congregación de Hermanitas de los Ancianos Desamparados, sor Ana María Grande, anunciaron un acordo sobre o futuro urbanístico do antigo asilo de Pi i Margall. Ese acordo materializarase nun convenio que satisfai as necesidades da congregación e que supón para o Concello unha solución razonable para ordenar urbanísticamente toda a zona.
Sor Ana María Grande manifestou hoxe, tras unha reunión coa alcalde, que o convenio proposto polo Concello vaille permitir á congregación obter o diñeiro que necesitaba para financiar a construcción do novo asilo de anciáns situado na parroquia de Alcabre.
Lois Castrillo salientou da proposta aceptada polas relixiosas que non será necesario o aumento de edificabilidade que se barallara anteriormente (17.500 m2), xa que a solución adoptada limita a edificabilidade a algo máis de 11.000 m2. Tamén explicou que non haberá que recorrer a unha modificación do Pxou, xa que a proposta acordada se pode incluir no Plan Especial do Barrio Histórico.
O convenio, que será trasladado ao Consello da Xerencia de Urbanismo a vindeira semana, establece unha distribución das edificacións adaptada á topografía da zona, de forma que non se reduzan as vistas sobre a ría. No documento recóllense aspectos como a construcción dun novo mirador no paseo de Alfonso e a apertura dun vial entre Torrecedeira e a rúa Poboadores.
Lois Castrillo subliñou que a urbanización dos terreos levará aparellada a cesión ao Concello dun importante número de prazas de aparcamento que serán reservadas para uso dos residentes no barrio.
Descargar todas as imaxes