Entrega dos premios Irmáns Gómez Román
O concelleiro de Urbanismo, Xabier Toba, indicou que cos premios Irmáns Gómez Román incorporouse ”un referente, unha cita anual, á grande festa da arquitectura e urbanismo, un galardón que coloca á nosa cidade como unha urbe que transita respectivamente entre a antiga e a nova cultura urbana”.
”Este concurso aberto e democrático supón un recoñecemento para os escollidos cada ano, pero tamén un reto para todos os que entenden esta cidade como unha obra aberta na que é imprescindible a imaxinación e a creatividade”, dixo Toba na súa intervención.
No apartado á rehabilitación de edificios, ou locais de iniciativa privada premiouse, nesta edición, á Clínica Oftamolóxica Baviera, dos arquitectos María José Estévez Pérez e Ernesto Cid Sueiro. A arquitecta supervisora foi Carmen Platero e a coordinación e dirección correu a cargo de Fernando Rodríguez. Valorouse desta intervención a súa mesura na decoración e o respecto e integración coa modulación de fachada e o resto do edificio. O local está situado na planta baixa do edificio recén rehabilitado do antigo Garaxe Americano de Jenaro de la Fuente Álvarez.
A obra do Centro de Saúde de Teis, promovida pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, do arquitecto León López de la Osa González, resultou premiada no apartado de obra nova non residencial de iniciativa pública. O xurado valorou moi positivamente a composición volumétrica e formal, a solución do programa sanitario e o uso racional, masivo e estético da lousa utilizada como material constructivo.
O edificio para oficinas e nave de producción de Brigal e Gadiex, en Lavadores, dos arquitectos José Luis Pereiro e Borja Ramilo, considerouse un bo exemplo de cómo unha construcción de tipo industrial cun nivel de deseño moi superior ó habitual pode contribuír a irradiar unha imaxe empresarial moderna e emprendedora.
No apartado de vivendas unifamilares, gañou un proxecto elaborado a partir da reforma dunha vivenda xa existente que utiliza habilmente as condicións naturais do terreo para desenvolver un programa residencial familiar, sen renunciar a aportacións creativas en materia do tratamento da iluminación interior e á integración da escultura na arquitectura. Jorge Alonso de la Fuente, Julio Romero Zaloña e Jesús Valmaseda foron, respectivamente, o arquitecto, o aparellador e o escultor desta vivenda situada na baixada á praia de Saiáns.
No apartado de edición e publicación de traballos de autor en libros, revistas, programas de radio ou televisión que destaquen polas súas cualidades técnicas de realización de cara á difusión de temas urbanísticos e arquitectónicos premiouse o libro ”Arquitectura da pedra en Vigo”, de Jaime Garrido Rodríguez. Foi editado por Construcciones Conde e Espacio Vital. Neste caso, quíxose premiar non só o resultado formal da publicación, senón tamén o recoñecemento ó fecundo labor investigador do seu autor, así como a iniciativa dunha empresa privada, vencellada desde antigo á construcción e á promoción inmobiliaria viguesa, polo patrocinio da obra.