Sábados Infantís na Praza “E”
A concelleira do Servicio de Normalización Lingüística, Carmen Martínez Corbalán, presentou hoxe a programación dirixidas ós máis cativos co título “ Sábados Infantís”. A campaña está organizada conxuntamente coa Praza “E” e conta coa colaboración da Asociación de Pais e Nais polo Ensino en Galego.
O programa consiste na realización de actividades de contacontos, obradoiros de cestería e barro, confección de monicreques , teatro e música que se desenvolverán durante cinco sábados seguidos dende o 19 de maio ó 16 de xuño.
As actividades terán lugar no interior do centro comercial e na praza Francisco Fernández del Riego, segundo o tipo de actuación que se desenvolva.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
día: 19 maio
horario:18.00
Lugar: Praza Francisco Fernández del Riego
Actividade: Xogar en galego mola mogollón. Xogos cooperativos ao aire libre e achegamento a xogos tradicionais.
Grupo : Cabezolos
día: 26 de maio
hora: 18.00
Lugar: Praza Fernández del Riego
Actividade: música: varios personaxes que resultan moi achegados ós nenos e nenas e van combinando cancións con acción dramática.
Grupo: Migallas
día: 2 de xuño
horario: 18.00
Lugar: Praza Fernandez del Riego
Actividade: obradoiro de cestería e barro. As nenas e nenos coñecen as técnicas e achéganse a modelar e crear as súas propias obras
Grupo : CAT -Centro de Artesanía Tradicional-
día: 9 de xuño
horario:18.00
Lugar: Praza Fernández del Riego
Actividade: obradoiro de monicreques e actuación con monicreques.
Grupo: Tanxarina
día: 16 de xuño
horario: 18.00
Lugar:Centro Comercial
Actividade : contacontos
Grupo :Ana Carreira