O concelleiro de Sanidade pide unha reunión co xerente do Hospital Xeral para obter información sobre os enfermos de oncoloxía
O concelleiro de Sanidade, Santiago Domínguez, solicitou unha reunión urxente co xerente do Hospital Xeral co fin de que lle aclare cáles van ser as medidas que o Sergas e o propio hospital van tomar para paliar as graves deficiencias que lles afectan ós enfermos de oncoloxía.
Domínguez recibiu esta mesma semana a representantes destes enfermos e familiares que lle expuxeron a súa problemática que se resume en falta de facultativos, longas listas de espera para a realización das probas, na situación do hospital de día, que é totalmente insuficiente, e na falta de atención sicolóxica para os pacientes e os seus familiares, entre outras.
O pasado 15 de febreiro un grupo de enfermos e familiares entrevistáronse co xerente do hospital con motivo de expoñerlle a situación que se estaba a dar na cidade de Vigo e no Hospital Xeral diante dos innumerables problemas con que se están encontrando estes enfermos.
Nesa xuntanza, o propio xerente lles fixo unha serie de promesas que, tres meses despois segundo estes propios enfermos, non se cumpriron.
Dende a Concellería de Sanidade vese con grande preocupación esta problemática xa que son estes enfermos e os seus familiares veciños e veciñas da nosa cidade que merecen un trato hospitalario e unha atención médica de acorde coa súa condición de cidadáns e que problemas como estes non fan máis que deteriorar a sanidade pública.
O concelleiro de Sanidade espera que nesta xuntanza por parte do xerente se establezan acordos que permitan solucionar estes problemas no prazo máis breve posible.