Escoitar

O Concello pagou hoxe os terreos expropiados para a construcción da depuradora do Lagares

luns, 14 mai 2001
O Concello de Vigo realizou hoxe unha transferencia bancaria de 184.320.000 pesetas ao representante designado polos propietarios dos terreos que se expropiaron na xunqueira do Lagares para a construcción da depuradora de augas residuais.

Deste xeito execútase unha sentencia dictada polo Tribunal Supremo o 19 de febreiro de 1999. Nesa sentencia ordenábase o cumprimento do convenio expropiatorio asinado polo Concello en 1991 cos propietarios dos devanditos terreos. Naquel acordo establecíase unha compensación de 3.000 pesetas por metro cadrado para unha superficie total expropiada de 61.440 m2.