Máis de 2.400 persoas visitaron o bus promocional de Vigo nas catro primeiras cidades do roteiro
Turismo percorre dende o pasado día 7 as cidades de Oviedo, Gijón, León, Zamora, Valladolid, Salamanca, Lisboa, Oporto e Braga dando a coñecer a oferta turística de Vigo.
A capital do Principado de Asturias foi a primeira, das nove cidades que compoñen a xira, en recibir o bus promocional de Vigo. O bus funcionou dende as 9 da mañá e recibiu perto de setecentas visitas de cidadáns ovetenses.
Esta campaña de promoción forma parte dun paquete de medidas posto en marcha pola Concellería de Turismo, da que es titular Dolores Villarino, para favorecer o crecemento do sector e facilitar así a súa consolidación como un dos tres grandes motores económicos da cidade.
” Esta é unha oportunidade magnífica para dar a coñece-la nosa oferta naquelas cidades que se atopan a menos de cinco horas de Vigo. Vigo é un destino excelente para disfrutar de pequenas vacións, pontes e fins de semana. O cambio nos hábitos dos consumidores indican que a tendencia é a de fracciona-las vacacións e disfrutar de pequenos periodos de ocio”, asegura Dolores Villarino.
A concelleira, que ten previsto desprazarse a Lisboa (día 14), manterá unha entrevista ás 11 da mañá coa súa homónima, a Vareadora de Turismo Alexandra Gonçalves para intercambiar opinións sobre os programas de dinamización e promoción turística que están a desenvolver ambas cidades.
Nas catro primeiras cidades visitadas, o bus recibiu máis de 2.500 consultas, interesadas fundamentalmente pola gastronomía, as Illas Cíes, sendeirismo e infraestructura hoteleira.
O bus promocional viaxará o sábado a Salamanca, para continuar a partir do día 13 a promoción en Portugal visitando as cidades de Oporto, Braga e Lisboa.
A gran novidade na oferta turística viguesa nesta campaña é o turismo náutico, un producto de calidade, moi demandado, e decisivo para desestacionaliza-la oferta.
Os axentes turísticos que desenvolverán o seu traballo no bus promocional centraranse en dar información sobre os servicios integrados na Estación Náutica, que permitirá ós turistas adquirir un paquete de aloxamento e actividades acuáticas con importantes descontos, a través dun denominado Bono Azul. Neste senso, a Concellería de Turismo ten previsto publicitar, nun folleto específico, tódalas actividades náuticas que se desenvolven na Ría de Vigo.
”Debemos responder ó reto de lograr que o turismo se convirta nun sector estratéxico, para iso non só se precisa un método -que xa estamos aplicando-, senón tamén o apoio dos propios vigueses. A chegada de turistas trae consecuencias positivas para tódalas esferas sociais e dende a Concellería imos poñer en marcha unha campaña de sensibilización pública que contribúa ó crecemento do sector”, di a concelleira.
Descargar todas as imaxes