A Mancomunidade aproba o proxecto para a mellora de emprego valorado en 750 millóns de pesetas
A Comisión de Goberno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo aprobou na reunión, mantida onte mércores no Concello de Salceda de Caselas, o proxecto para a mellora da inserción laboral das persoas en situación de desemprego da Área Metropolitana que presentará diante da iniciativa comunitaria EQUAL. A Unión Europea dispón de seis meses para aproba-lo proxecto.
Esta iniciativa suporá unha mellora substancial nas condicións de inserción laboral dos desempregados xa que garante a igualdade de oportunidades destas persoas ante o acceso ó emprego, mellorando a empregabilidade dos mesmos ó traverso do deseño dun itinerario personalizado de inserción. Este itinerario consistirá nun tratamento individualizado de cada demandante de emprego atendendo as súas características laborais e procurándolle as ferramentas adecuadas para a súa posterior inserción.
A iniciativa artellarase mediante unha cooperación pública e privada entre a Mancomunidade de Vigo, as tres centrais sindicais (CCOO, UGT e CIG) e a Confederación de Empresarios de Pontevedra. O proxecto, de ser aprobado pola UE, desenvolverase no bienio 2002-2004 e contará cunha financiación de 750 millóns de pesetas. Neste punto asistiu como invitado o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego de Vigo, Delfín Fernández, que durante os últimos meses foi a persoa encargada pola Mancomunidade para presenta-la candidatura do proxecto.
Outro dos asuntos que se trataron nesta xuntanza foi o Plan Proder e a posta en marcha da constitución da asociación para o desenvolvemento rural na Mancomunidade que xestionará o devandito programa. Asimesmo invitouse ás autoridades locais menores de Chenlo (Porriño), Morgadáns (Gondomar) e Bembrive (Vigo) para que formen parte na mesa institucional. Asemade aprobouse un convenio de colaboración coa Federación Galega de Montañismo para actividades de promoción do sendeiro das Greas no marco do actual programa Proder.
Trala reunión, os alcaldes mantiveron unha xuntanza co Presidente da Deputación Provincial, Manuel Abeledo, na que se puxo de manifesto a colaboración entre ambas entidades no desenvolvemento da que será, no seu momento, a primeira Área Metropolitana de Galicia. Neste senso, e tal e como reflicten os documentos previos á constitución desta entidade, a participación da Deputación materializarase ó traverso do Comité de Cooperación, organismo encargado de coordina-los investimentos que, destinados a esta entidade supramunicipal, realizarán Área Metropolitana, Xunta de Galicia e Deputación ó traverso do Plan Cuadrienal Metropolitano.