O Goberno municipal adxudica as obras de demolición do antigo cuartel de Barreiro
O Goberno adxudicou a poxa para a contratación da empresa que realizará os traballos de demolición do vello cuartel de Barreiro. Encargarase de facelo a empresa Misturas Asfálticas Gallegas por 28 millóns de pesetas. O derrubo comezará a finais deste mes e está previsto que os traballos rematen antes do verán.
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, anunciou que nos próximos días se presentará o Plan Especial de Reforma Interior que ordenará os terreos de Barreiro onde se ubica o antigo cuartel. A aprobación deste plan permitirá a execución das distintas dotacións que o Goberno municipal pretende construír
na zona, entre elas un xeriátrico, un campo de futbol e unha piscina.
Convocadas bolsas de formación para prácticas nas oficinas de información turística
O Concello de Vigo convoca 5 bolsas de formación para a realización de prácticas nas oficinas de información turística que abrirá durante o periodo estival. Cada bolsa está dotada con medio millón de pesetas e poderán optar a elas titulados e estudiantes de último curso das especialidades de técnicos de actividades turísticas e de técnicos de información e comercialización turística.
O Concello autoriza a Gas Galicia a construír varias canalizacións
A Comisión de Goberno decidiu autorizar a Gas Galicia a realizar varias obras de canalización para poder subministrar gas a edificios de nova construcción que teñen este combustible como principal fonte de enerxía. Sen ese subministro os promotores non poderían entregar as vivendas aos seus propietarios.
As obras autorizadas son as seguintes:
- Canalización de 180 m. no Camiño de Maceiras-Espiñeiro, para o subministro de 30 vivendas.
- Canalización de 210 m. en Doutor Carracido e Doutor Martínez Lago, para o subministro a 24 vivendas.
- Canalización de 120 m. en Freixeiro para o subministro a 7 vivendas unifamiliares.
- Canalización de 470 m. na rúa Aragón, para o subministro de 36 vivendas.
- Canalización na rúa Ramón Nieto para o subministro de 40 vivendas.
Descargar todas as imaxes